PRESENTACION

CADA DÍA APRENDEMOS ALGO NOVO...!!!



lunes, 11 de noviembre de 2013

OS ALIMENTOS (I)



Xa sabedes que este trimestre está adicado entre outras cousas aos alimentos, aquí estamos coa profe Hermes e coa "máquina pelador de mazás" que nos trouxo Antón... parecía que desta maneira as mazás estaban todavía mais ricas... Moitas grazas por compartola con todos nos



SAMAÍN







Formamos parte na elaboración dun gran mural para o corredor principal do cole, onde despois se porían as cabazas que cada un dos nenos trouxo da súa casa.

Aquí estamos toso xuntos diante destas pequenas obras de arte que fixeron pais e nenos xuntos.


MERENDA-PICNIC

Cando comezou o curso, aproveitando un dos bos días que tivemos, aínda que non fao demasiado, aproveitamos e fomos merendar aquí o lado,pero polo feiro de cambiar "de aires", gustounos moito e pasámolo moi ben.



 Aquí estabamos listos para esa merenda antes de xogar un ratiño...



ANIVERSARIOS DE SETEMBRO


 COMEZA O CURSO E TAMÉN OS ANIVERSARIOS, SETEMBRO É O MES DE XOÁN, YANIRA E JUAN... PARABÉNS PARA OS TRES, XA TENDES CINCO ANOS.

XA VAN QUEDANDO MENOS PARA CUMPLILOS...

COMEZO DE CURSO

  Aquí estamos, outro curso mais sendo os maiores do colexio, xa estamos en 5 anos. Esperemos que este último curso na escola sexa un ano cheo de bos recordos para tod@s....

BO COMEZO DE CURSO (Aínda que a publicación sexa un pouco tarde)

lunes, 17 de junio de 2013

ANIVERSARIOS DE VERAN

Pois si, que no cole tamén celebramos os aniversarios daqueles nenos,  neste caso nenas que cumpren anos cando non estamos xuntos...Bicos para vos tamén chicas



FACENDO ARTE....

Que si, que tendes uns fillos que son uns artistas, aquí están eles facendo as súas creacións. Xa as levarán para casa. Algún de vos xa o saberá, pero levades unha especial, que fixemos da casa da avoa de carapuchiña, pero non quero poñervos fotos para que vos levedes a sorpresa....

O que si vos poño é a portada do libro, porque si tendes oportunidade, ten unhas ilustracións impresionantes de Violeta Monreal.





EXPER-I-CIENCIA

Pois si, unha científica do CSIC veunos contar en que consiste o seu traballo, é científica e sabe moooooitas cousas sobre o mar, os animais que viven nel... incluso os que non vemos. Unha experiencia moi chula

CIDADE DA CULTURA

O martes día 11 de xuño, a pesar do tempo (este ano non  se sabe) fomos a Cidade da cultura a visitar unha exposición do ORINICO. Sobra dicir o ben que se portaron os peques... primeiro ensaio, para o ano mais













A toupiña que quería saber...

Xa non queda nada para que remate a escola, e con ela que se vaian algúns dos nosos compañeiros para o cole de Ventín. Os nenos da profe Selma, cos cales facemos moitas actividades, estiveron en  clase contándonos un conto que a todos nos encanta...





Aniversarios maio/xuño

Xa queda pouco para remate este curso, xa non queda nada, pero si nos quedan aínda algún aniversario que clebrar.... parabéns chic@s