PRESENTACION

CADA DÍA APRENDEMOS ALGO NOVO...!!!



martes, 20 de marzo de 2012

FACEMOS PAN

Outra Eva, esta vez a mamá de Alba Fiaño, estivo no noso cole para contarnos a súa profesión, é PANADEIRA, ensinounos todo o proceso da elaboración do pan, e despois fixemos nos tamén a masa...rematamos a sesión comendo uns paliños de pan deliciosos,
MOITÍSIMAS GRAZAS Eva, da nosa parte e das miñas compañeiras

 





            Primeiro amosáronlle todos os ingredentes necesarios para facelo pan
                                         Amasamos e fixemos churros...
                                           Que ricos estaban...!!!!
                                      Eva ensinounos como amasar...

UNHA ACTRIZ NO COLE...

O día 14 de marzo, a tía de Helena, Eva, veu o noso cole para contarnos cousas do seu traballo. Ela é actriz de teatro e veu desde Coruña para contarnos os seus novos proxectos.
Pasámolo estupendamente, ensinounos xogos e exercicios para exercitar a cara, mellorar a nosa expresión corporal... GRAZAS Eva por vir e facernos pasar un bo rato

 







                                         Fixemos unha escultura conxunta...

VISITA DAS MAMÁS: PERRUQUEIRA

Xa sabedes, que este mes de marzo, partindo do día da Muller Traballadora, estamos na escola falando dos traballos que fan as mulleres das nosas casaa. Por iso durante varios días, recibimos a nais/tías/avoas... que nos queiran contar cal é o seu traballo.
O día 8 de Marzo, veu a mamá de Emily. Ela é perruqueira e contounos e ensinounos todo o que fai no seu traballo (compartimos charla coa clase de profe Feli). Pasámolo en grande, moitas GRAZAS por vir e contarnos a túa experiencia.
 

Primeiro amosounos todos os instrumentos cos que traballa
                                    Fixemos algunha proba...



                                    Sesión de manicura...
 

SAÍDA AO TEATRO

O día 2 de marzo, fixemos unha pequena saída a Casa da Cultura, onde vimos unha obra de teatro. Algúns ao entrar tivemos un pouquichiño de medo, porque estabe un pouco escuro, pero pronto nos acostuamos...xa somos moi maores!!!
 Listos para entrar no teatro
 Saíron a recibirnos...
                                   Cada un xa está no seu sitio...
 

viernes, 16 de marzo de 2012

NOVO PROXECTO: O MAR

Ola familias, despois dun tempo explorando o universo, xa é hora de que cambiemos de rumbo e sigamos por outro camiño. Esta vez imos falar, aprender e descubrir cousas do MAR. Por iso, igual que no anterior proxecto, vos pido a vosa colaboración aportando todo aquilo que consederedes interesante e esté relacionado con noso tema.
Podedes traer libros, contos, folletos, fotos, manualidades... calquera cousa que teña relación co tema é un bo instrumento para a nosa investigación.

Moitas GRAZAS coma sempre pola vosa axuda e colaboración

(Se os nenos estaban entusiasmados co Universo, creo que co Mar non o van a estar menos)