PRESENTACION

CADA DÍA APRENDEMOS ALGO NOVO...!!!



domingo, 20 de noviembre de 2011

MAGOSTO

O día 11 de Novembro celebramos no colexio o MAGOSTO. Non tivemos moita sorte co tempo, polo que os xogos que fixemos antes da degustación das mazás, tivemos que facelos nos corredores e na sala de usos múltiples. Cada profe ensinaba un xogo diferente: Aserrín-Aserrán, Zapatiño quieto é...etc

Despois de xogar un rato, baixamos ao patio para comer as castañas.... que ricas!!!!



Estivemos comendo, bailando, e xogando un pouco...



É hora de recoller, subimos para as clases, pero antes de marchar para casa/comedor aínda nos da tempo de ver un ratiño de "BLANCANIEVES"... gustounos moito, aínda non o vimos todo, outro día seguiremos....




 Que interesante!!! Quen saldrá agora??

O cazador está no bosque con Blancanieves...!!!!!

Composición con mazás e monstros con follas.

Chega HALLOWEN, SAMAÍN... Por iso no cole decidimos facer monstros coas follas das árbores (este ano é o ANO INTERNACIONAL DAS ÁRBORES) e composicións a nivel de aula e de centro (tres nenos de cada clase) con mazás (tradición inglesa).


Antes de comezar as nosas composicións vimos cantas mazás diferentes había...



Antes de facer a nosa composición coas mazás, fixemos na clase un ensaio, despois de decidir entre todos que queriaqmos facer.




Os nosos monstros feitos de follas de diferentes árbores:                                                                             





Facemos un mural

Chegou o outono, agora si non só na estación senon  tamén no tempo (xa non parece que esteamos no verán), asi que decidimos facer un mural para decorar a entrada da nosa clase.
Fixémolo pintando con esponxas, algúns pintamos mais no mandilón que no papel, pero pasámolo moi ben...

Visita inesperada

Os nenos de 4 anos, estiveron aprendendo cousas doa avós. Grazas a eles, o outro día tivemos na clase unha visita inesperada... un coelliño, que facía pouco tempo que nacera.
     A profe Teresa, chegou con el a clase e deixounos tocalo...(portouse moi ben connosco e non se asustou nadiña!!!)



jueves, 10 de noviembre de 2011

ANIVERSARIOS SETEMBRO

Neste mes non tivemos a ninguén de aniversario, pero si o pasado mes de setembro: YANIRA, JUAN, HELENA e XOAN



Moitas FELICIDADES.... Xa teñen 3 anos

Benvida

Ola a todos e todas, comezamos esta andadura, coa finalidade principal de que saibades o que fan os vosos fill@s na escola. Intenteremos informarvos con bastante frecuencia, e gustaríanos que nos visitedes a menudo.
Aqui non estamos todos,pero iremos cambiando a foto... (Esta é xusto antes de baixar ao patio a comer as castañas)