PRESENTACION

CADA DÍA APRENDEMOS ALGO NOVO...!!!



domingo, 29 de enero de 2012

AVISOS

Ola familias:
     Algún de vos comentoume que non podia facer comentarios no blog, deberia poder facelos, pero se non é asi, podedes mandar as vosas suxerencias a:
infantilmilladoiro13@hotmail.es

Aproveito tamén para dicirvos que xa está en marcha o libro viaxeiro,...chegará pronto polas vosas casas

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

Comezamos a ano, e con el a celebración dos aniversarios. Tócalle o turno o maior da clase. ANTÓN... Moitas Felicidades, xa tes 4 anos...


O UNIVERSO

Como xa sabedes, comezamos o ano facendo un proxecto sobre o universo. Moitas grazas por todo o material que ides mandando ao cole. Esta é a primeira da parte da nosa exposición, agora xa a tivemos que trasladar do grande queera... xa vos mostrarei as fotos


miércoles, 4 de enero de 2012

ACTUACIÓN MUSICAL

O día 21 de decembro, o día que nos daban as vacacións de Nadal, tivemos no cole unha actuación musical, que precisou da colaboración dos rapaces/as. Unha bruxa robara todos os sons e tiñamos que recuperalos...


 Algúns dos nenos que lle quitaban a bruxa os sons, logo formaban unha orquestra para escoitar todos os sons. Da nosa clase axudáronlle Antón e Celia... que ben o pasaron  dándolle coa espada a bruxa para recuperar os sons...

Despois da actuación, tocaba repoñer forzas para logo ir xogar un ratiño ao patio antes de marcharnos de vacacións.

OS PAXES REAIS

O día 20 de decembro. chegaron ao noso colexio os emisarios das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Por iso cada un de nos lle entregamos a nosa carta, para que o día 6 de xaneiro nos deixen algún dosregalos que nos gustan na nosa casa.
                                                            Preparados coas nosas cartas                                                 
                                                               Esperando o nos turno
                                          Trouxéronnos uns regaliños, para nos e para a nosa clase