PRESENTACION

CADA DÍA APRENDEMOS ALGO NOVO...!!!



martes, 27 de noviembre de 2012

CAMA E CONTO

O pasado día 16 fomos a Casa da Cultura para ver a compañía de títeres Babaluba que representaba a obra "Conto e cama", baseada na obra do escritor Gonzalo Moure. Gustounos moito!!!

Visita de mamás....

A semana pasadaestiveron no cole dúas mamás, unha da clase da profe Feli y outra da nosa, Lucía, a mamá de Aicha.
Compartimos actividade cos nenos da profe Feli, porque eles tamén están traballando este trimestre o corpo humano.
O luns a mamá de María, quetamén se chamaba así ensinounos cancións relacionadas coas distintas partes do corpo.
O martes a mamá e Aicha que é enfermeira contounos cousas do corpo por dentro que ve no seu traballo: mirounos a garganta, os oídos, ensinounos os carteis para a vista, vimos radiografías de diferentes partes do corpo...
MOITAS GRAZAS LUCÍA, encantounos que viñeras!!!!






MAGOSTO

O pasado día 8 celebramos no cole o Magosto, tivemos moita sorte porque non nos choveu a pesar da previsión de choiva, pasámolo moi ben cos xogos (sobre todo o das botellas que simulaban barcos e o de tirar da corda)
                                        Tirando da corda pasámolo fenomenal  !!!!!
 Estaba o papá de Xoan ensinándonos como se bailaban os trompos (era algo dificil...!!!!)

                                                As castañas.... Mmmmmmm!!!!!  Riquísimas!!!!
                                                   Todos preparadospara o xogos!!!!
                                                      Menudo equilibrio tiñan algúns...!!!!
                                                       Xogando as chapas, verdadeiros campións!!!!

miércoles, 7 de noviembre de 2012

EXPOSICIÓN DO CORPO HUMANO....!!!!

Empezamos despaciño, pero agora a cousa xa está moi avanzada. Están encantad@s co tema, xa son case uns "expertos"...
Seguro que vos contan moitas das cousas que vain aprendendo...

 Compartimos cousiñas cos nenos da profe Selma, xa que eles tamén están traballando este tema (así as dúas clases dispoñemos de máis material)

BICA DE CABAZA

A mamá de Helena tróuxonos a clase unha bica de cabaza (que fixeron eleas xuntas). Ahí tendes a receta que vos recomendo, estaba boísima....!!!!!
Moitas grazas Sagrario

SAMAÍN / HALLOWEEN

O pasado día 31 celebramos no cole o Samaín/Halloween, por iso fixemos no cole varias actividades:
  1. Composición das letras con caramelos, nos fixemos a R e a S.
  2. Visualización de "pelis de medo"
  3. Exposición de cabazas
Ahí tendes unha pequena mostra... espero que vos guste!!!!!





FACEMOS UN ESQUELETE

O noso compañeiro Jorge tróuxonos a clase un puzzle moi grande dun esquelete. Fixémolo entre todos, gustounos moito porque xa coñeciamos moitos nomes dos ósos

viernes, 19 de octubre de 2012

PINTAMOS O CORPO

Como xa sabedes estamos traballando o corpo humano, por iso decidimos facer na clase a nosa propia silueta dun corpo. Para iso utilizamos a una compañerira e repasamos o seu contorno e logo entre todos o pintamos. Xa o temos colgado na parede, agora nos falta poñerlle as partes internas... cando o teñamos xa volo ensinaremos...

FACEMOS UN VOLCAN

Esta mañá xuntámonos cos nenos da profe Elena e da profe Feli e fixemos un pequeno experimento: un VOLCÁN. Usamos bicarbonato e vinagre, a verdade e que saiui moi ben, logo eles fixeron un pequeno traballo sobre o tema...





jueves, 11 de octubre de 2012

Psicomotricidade

O pasado martes, estiven con eles en clase de psicomotricidade. Fixeron un pouco de xogo libre cos bloques de espuma. Non fixo falta dicirlles nada, primeiro estiveron por grupos facendo construccións e un pouco de xogo simbólico e logo, cando xa pasar un ratiño, eles mesmos fixeron un circuito e poñían as súas normas de xogo...

Aniversarios Setembro

Xa estamos de novo celebrando os aniversarios, xa van quedando menos para que todos teñan 4 anos. Este mes tocoulle a Xoan, Juan, Helena e Yanira. PARABENS para tod@s eles




domingo, 7 de octubre de 2012

UN NOVO CURSO...

Ola a tod@s outra vez,aquí estamos de novo, xa comezou o curso. Este ano xa non somos os mais pequenos do cole, xa temos catro anos.
Intentaremos aprender, xogar,sorrir, respectarnos, pero sobre todo intentaremos ser felices xuntos.
Grazas de  antemán pola vosa colaboración, preocupación polos apectos do cole, pola vosa paciencia co blog.... este ano intenatrei actualizalo con maior frecuencia, e  gustaríame que escribades todos aqueles aspectos que vos preocupen ou queirades compartir con nos.
Sorte a tod@s neste curso novo e GRAZAS por estar ahi

jueves, 21 de junio de 2012

ANIVERSARIOS DE VERÁN

Ahí van, os últimos aniversarios de este curso. Elas todavía non teñen 4, pero como non imos estar xuntos este verán... (tamén teñen dereito a ter a súa coroa)
 Felicidades para ALBA G.C., CELIA e ALBA G.F.


domingo, 17 de junio de 2012

BIBLIOTECA

Xa me esquecía, ahí van algunhas fotos de cando fixemos a saída  biblioteca do Milladoiro, perodoade o despiste...





VISITA A FROITERIA...!!!




O pasado mércores día 13 de xuño fomos de visita a froitería. Gustounos moito, pero como non sabiamos se nos gustaban ou non algunhas froitas, decidimos facer para a vindeira semana unha pequena degustacion na clase, xa vos contaremos...