PRESENTACION

CADA DÍA APRENDEMOS ALGO NOVO...!!!



martes, 20 de diciembre de 2011

ANIVERSARIOS DECEMBRO

Agora si, todos os nen@s da clase xa temos 3 anos... Este mes tivemos que celebrar a festa o luns, pero pasámolo igual de ben.
Felicidades a JORGE, AICHATOU, YOEL, GABRIEL E ALBA.


lunes, 19 de diciembre de 2011

O MAGO VITUCO

O pasado venres veu a nosa escola un mago, o "MAGO VITUCO". Estivemos xuntos todos os nen@s de tres anos, e non prediamos detalle das cousas que facía.
Fomos os primeiros en chegar, collemos bo sitio....jajaja

 A nosa compañeira Marta saiu para axudarlle xunta con Sofia da clase da profe Manoli.

Xoan tamen lle axudou, lanzándolle un pano vermello que era invisible e apareceu na súa boca


O mago Vituco despedíndose da súa actuación.



RESULTADO DOS OBRADOIROS

Ola familias, a verdade é que despois do primeiro día, as profes que participabamos no obradoiro non as tiñamos todas connosco de que de alí saise unha árbore de Nadal (polo menos nesa semana), pero saí foi, e xunto cos decoracón de cole, creo que quedou estupendo. Que vos parece??
Grazas as outras profes: Anabel, Conchi e Concha.


Os nenos da nosa clase, tamén fixeron mais postais de Nadal, verdadeiras obras de arte, aquí vai outra pequena mostra:


Do obradoiro de cociña non teño ningunha foto, pero seguro que na casa xa déchedes conta do seu traballo:que aproveite!!

martes, 6 de diciembre de 2011

PRIMEIRO DIA DE OBRADOIROS (LUNS)

Xa comezaron os obradoiros, a verdde é que a valoración do  primeiro día é estupenda. A interacción de nenos de distintas idades en cada obradoiro foi moi positiva, os maoires foron buscar o resto dos nenos as súas aulas, e aínda que os profes estabamos alí, eles estaban encantdos de ser os "encargados" de levalos (ese día sentíanse todavía  mais maiores)
Eu estiven no obradoiro de adornos (estamos facendo unha árbore de Nadal con material de refugallo) xunto coa profe Anabel. Compartimos atividade coas profes Conha e Conchi.
Aquí vai unha pequena mostra... tede en conta que é o primeiro dia...



Despois dun ratiño, deixamos a secar as botellas de leite (serán a base da nosa árbore)

Os nen@s da nosa clase que foron ao obradoiro de elaboración de postais de Nadal fixeron verdadeiras obras de arte:




jueves, 1 de diciembre de 2011

OBRADOIROS DECEMBRO

Ola familias, na primeira semana de decembro, faremos no cole distintos obradoiros ao longo da semana (LUNS,MÉRCORES e VENRES). Faremos postais de Nadal, adornos navideños para o cole e bombóns no obradoiro de cociña.
Xa vos contaremos cal foi o rsultado...

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

Ola a tod@s, este mes estivemos catro de cumpreanos na clase: Gael, Cosme, Triana e Hugo.
Tivemos a nosa coroa e tamen sopramos a vela da tarta....XA SON 3!!!! Por certo, a tarta gustounos moito...




Antes de comer a tarta estivemos coa profe Anabel no ximnaxio...Que ben o pasamos con ela!!!



domingo, 20 de noviembre de 2011

MAGOSTO

O día 11 de Novembro celebramos no colexio o MAGOSTO. Non tivemos moita sorte co tempo, polo que os xogos que fixemos antes da degustación das mazás, tivemos que facelos nos corredores e na sala de usos múltiples. Cada profe ensinaba un xogo diferente: Aserrín-Aserrán, Zapatiño quieto é...etc

Despois de xogar un rato, baixamos ao patio para comer as castañas.... que ricas!!!!



Estivemos comendo, bailando, e xogando un pouco...



É hora de recoller, subimos para as clases, pero antes de marchar para casa/comedor aínda nos da tempo de ver un ratiño de "BLANCANIEVES"... gustounos moito, aínda non o vimos todo, outro día seguiremos....




 Que interesante!!! Quen saldrá agora??

O cazador está no bosque con Blancanieves...!!!!!

Composición con mazás e monstros con follas.

Chega HALLOWEN, SAMAÍN... Por iso no cole decidimos facer monstros coas follas das árbores (este ano é o ANO INTERNACIONAL DAS ÁRBORES) e composicións a nivel de aula e de centro (tres nenos de cada clase) con mazás (tradición inglesa).


Antes de comezar as nosas composicións vimos cantas mazás diferentes había...



Antes de facer a nosa composición coas mazás, fixemos na clase un ensaio, despois de decidir entre todos que queriaqmos facer.




Os nosos monstros feitos de follas de diferentes árbores:                                                                             





Facemos un mural

Chegou o outono, agora si non só na estación senon  tamén no tempo (xa non parece que esteamos no verán), asi que decidimos facer un mural para decorar a entrada da nosa clase.
Fixémolo pintando con esponxas, algúns pintamos mais no mandilón que no papel, pero pasámolo moi ben...

Visita inesperada

Os nenos de 4 anos, estiveron aprendendo cousas doa avós. Grazas a eles, o outro día tivemos na clase unha visita inesperada... un coelliño, que facía pouco tempo que nacera.
     A profe Teresa, chegou con el a clase e deixounos tocalo...(portouse moi ben connosco e non se asustou nadiña!!!)



jueves, 10 de noviembre de 2011

ANIVERSARIOS SETEMBRO

Neste mes non tivemos a ninguén de aniversario, pero si o pasado mes de setembro: YANIRA, JUAN, HELENA e XOAN



Moitas FELICIDADES.... Xa teñen 3 anos

Benvida

Ola a todos e todas, comezamos esta andadura, coa finalidade principal de que saibades o que fan os vosos fill@s na escola. Intenteremos informarvos con bastante frecuencia, e gustaríanos que nos visitedes a menudo.
Aqui non estamos todos,pero iremos cambiando a foto... (Esta é xusto antes de baixar ao patio a comer as castañas)