PRESENTACION

CADA DÍA APRENDEMOS ALGO NOVO...!!!



martes, 28 de febrero de 2012

ANIVERSARIOS FEBREIRO

Ola familias, xa imos sendo máis os que xa temos 4 anos, este mes tocoulles a Lois e Anxo, aquí estan soprando as velas da tarta....!!!

                                    Esta vez, trouxéronnos globos para decorar a clase...

viernes, 24 de febrero de 2012

ENTROIDO

O pasado venres 17 de febreiro, fixemos no cole a nosa festa de celebración do Entroido. Fomos disfrazados de cociñeir@s.
Nestas fotos estamos coas nosas mestras Natalia, Hermes (que nos acompañou no desfile) e Anabel (a nosa prfe de psicomotricidade).

jueves, 16 de febrero de 2012

LA NOCHE

Esta mañá limos na clase un conto que nos gustou moito: La Noche. Por iso decidimos entre todos facer un pequeno mural con debuxos sobre o conto, cada un debuxou o que mais lle gustaba de todas as cousas que hai na noite...


miércoles, 15 de febrero de 2012

ENTROIDO EN XINZO DE LIMIA

Opasado luns día 13 de febreiro, escoitamos uns ruidos polos corredores do cole, cal foi a nosa sorpresa cando chamaron a nosa porta... era algo descoñecido para nos...un disfraz moi raro.
 Era un disfraz de "PANTALLA", típico de Xinzo de Limia, de onde é a nosa profe Anabel... Ela prestoulle o traxe a profe Eva (estaba moi guapa)

                         Cando se quitou a máscara, xa case ningén lle tiñamos medo...

                            Aínda que non todos, logo nos fixemos una foto cos "PANTALLA".

jueves, 9 de febrero de 2012

AVISO ENTRIDO

Aínda que xa vos informaremos a través dos propios nenos mediante unha nota, adiántovos que o día 17 de febreiro (día no que se celebra o Entroido no cole), os nenos deberán traer pantalón vaquero e por arriba un polo/xersei azul marino (de non poder ser desa cor o mais escuro posible).
É importante que vaian ben abrigados por debaixo, porque alí vai bastante frío

                                                                                      Un saúdo

AUMENTA A NOSA EXPOSICIÓN DO UNIVERSO


Como xa vos dixen, a nosa exposición de cousas sobre o universo e espazo en xeral vai aumentando, eles están cada día mais entusiasmados...








FACENDO OS NOSOS DISFRACES

Somos uns artistas, entre todos e coa axuda das profes Natalia, Anabel e Hermes, estamos facendo os nosos disfraces para levar o día 17... esperemos que vos gusten.




miércoles, 1 de febrero de 2012

DISFRACES

Ola familias:
           Na pasada reunión do 17 de xaneiro falamos un pouco dos disfraces. Houbo que cambiar de tema, polo que a nosa clase xunto con outras dúas de tres anos imos de cociñeiros.
           O mandil que levamos é en tea, polo que cando nos chegue o pedido, se é preciso, pedireivos a vosa colaboración para cortar se fose necesario (así entre tod@s acabamos antes).
           Un saúdo e xa vos irei informando

P.D: Aproveito a nota para darvos as grazas de todo o que mandades para o noso proxecto