PRESENTACION

CADA DÍA APRENDEMOS ALGO NOVO...!!!



viernes, 19 de octubre de 2012

PINTAMOS O CORPO

Como xa sabedes estamos traballando o corpo humano, por iso decidimos facer na clase a nosa propia silueta dun corpo. Para iso utilizamos a una compañerira e repasamos o seu contorno e logo entre todos o pintamos. Xa o temos colgado na parede, agora nos falta poñerlle as partes internas... cando o teñamos xa volo ensinaremos...

FACEMOS UN VOLCAN

Esta mañá xuntámonos cos nenos da profe Elena e da profe Feli e fixemos un pequeno experimento: un VOLCÁN. Usamos bicarbonato e vinagre, a verdade e que saiui moi ben, logo eles fixeron un pequeno traballo sobre o tema...





jueves, 11 de octubre de 2012

Psicomotricidade

O pasado martes, estiven con eles en clase de psicomotricidade. Fixeron un pouco de xogo libre cos bloques de espuma. Non fixo falta dicirlles nada, primeiro estiveron por grupos facendo construccións e un pouco de xogo simbólico e logo, cando xa pasar un ratiño, eles mesmos fixeron un circuito e poñían as súas normas de xogo...

Aniversarios Setembro

Xa estamos de novo celebrando os aniversarios, xa van quedando menos para que todos teñan 4 anos. Este mes tocoulle a Xoan, Juan, Helena e Yanira. PARABENS para tod@s eles




domingo, 7 de octubre de 2012

UN NOVO CURSO...

Ola a tod@s outra vez,aquí estamos de novo, xa comezou o curso. Este ano xa non somos os mais pequenos do cole, xa temos catro anos.
Intentaremos aprender, xogar,sorrir, respectarnos, pero sobre todo intentaremos ser felices xuntos.
Grazas de  antemán pola vosa colaboración, preocupación polos apectos do cole, pola vosa paciencia co blog.... este ano intenatrei actualizalo con maior frecuencia, e  gustaríame que escribades todos aqueles aspectos que vos preocupen ou queirades compartir con nos.
Sorte a tod@s neste curso novo e GRAZAS por estar ahi