PRESENTACION

CADA DÍA APRENDEMOS ALGO NOVO...!!!



martes, 27 de noviembre de 2012

CAMA E CONTO

O pasado día 16 fomos a Casa da Cultura para ver a compañía de títeres Babaluba que representaba a obra "Conto e cama", baseada na obra do escritor Gonzalo Moure. Gustounos moito!!!

Visita de mamás....

A semana pasadaestiveron no cole dúas mamás, unha da clase da profe Feli y outra da nosa, Lucía, a mamá de Aicha.
Compartimos actividade cos nenos da profe Feli, porque eles tamén están traballando este trimestre o corpo humano.
O luns a mamá de María, quetamén se chamaba así ensinounos cancións relacionadas coas distintas partes do corpo.
O martes a mamá e Aicha que é enfermeira contounos cousas do corpo por dentro que ve no seu traballo: mirounos a garganta, os oídos, ensinounos os carteis para a vista, vimos radiografías de diferentes partes do corpo...
MOITAS GRAZAS LUCÍA, encantounos que viñeras!!!!






MAGOSTO

O pasado día 8 celebramos no cole o Magosto, tivemos moita sorte porque non nos choveu a pesar da previsión de choiva, pasámolo moi ben cos xogos (sobre todo o das botellas que simulaban barcos e o de tirar da corda)
                                        Tirando da corda pasámolo fenomenal  !!!!!
 Estaba o papá de Xoan ensinándonos como se bailaban os trompos (era algo dificil...!!!!)

                                                As castañas.... Mmmmmmm!!!!!  Riquísimas!!!!
                                                   Todos preparadospara o xogos!!!!
                                                      Menudo equilibrio tiñan algúns...!!!!
                                                       Xogando as chapas, verdadeiros campións!!!!

miércoles, 7 de noviembre de 2012

EXPOSICIÓN DO CORPO HUMANO....!!!!

Empezamos despaciño, pero agora a cousa xa está moi avanzada. Están encantad@s co tema, xa son case uns "expertos"...
Seguro que vos contan moitas das cousas que vain aprendendo...

 Compartimos cousiñas cos nenos da profe Selma, xa que eles tamén están traballando este tema (así as dúas clases dispoñemos de máis material)

BICA DE CABAZA

A mamá de Helena tróuxonos a clase unha bica de cabaza (que fixeron eleas xuntas). Ahí tendes a receta que vos recomendo, estaba boísima....!!!!!
Moitas grazas Sagrario

SAMAÍN / HALLOWEEN

O pasado día 31 celebramos no cole o Samaín/Halloween, por iso fixemos no cole varias actividades:
  1. Composición das letras con caramelos, nos fixemos a R e a S.
  2. Visualización de "pelis de medo"
  3. Exposición de cabazas
Ahí tendes unha pequena mostra... espero que vos guste!!!!!





FACEMOS UN ESQUELETE

O noso compañeiro Jorge tróuxonos a clase un puzzle moi grande dun esquelete. Fixémolo entre todos, gustounos moito porque xa coñeciamos moitos nomes dos ósos